IGUALDADE
O Concello de Santiago homenaxea nove mulleres e colectivos da nosa cidade polo seu labor a prol da igualdade
O programa de actividades con motivo do 8 de marzo arrancou hoxe cun acto organizado polo Concello de Santiago, no que se recoñeceu a contribución de varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade, a prol da igualdade en diferentes ámbitos. Baixo o lema "Mulleres de Compostela", a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns, que foi conducido pola xornalista Paula Pájaro, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago presenta alegacións ao proxecto do Ministerio para crear un ramal que conecta a SC-20 co Milladoiro
Logo dunha reunión coa asociación de veciños Porto de Fornelos, coas alegacións búscase presionar para mellorar o proxecto e que incorpore unha modificación na canalización do Rego de Vilar e a creación dunha parada de autobús que, na práctica xa existe, aínda que sen infraestrutura.
ACCIÓN CULTURAL
A MICE celebra a súa 18ª edición coa rururbanía como foco temático
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego desenvolverase do 15 ao 21 de marzo no Museo do Pobo Galego, na Sala Numax e no Teatro Principal. Esta nova edición, que conta un ano máis co apoio do Concello de Santiago, ofrecerá un amplo programa, con actividades para todos os públicos como a MICE Petís, dirixido ao público escolar, ou as sesións de formación para profesionais. A oferta completa foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa na que participou a concelleira de Acción...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal inviste case millón e medio de euros nas catro obras licitadas ou adxudicadas hoxe en Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras de acondicionamento do aparcamento de servizo do Parque Eugenio Granell e a rehabilitación de firmes de vías urbanas por un importe conxunto de 492.659,36 euros. Acordou, ademais, a licitación da reurbanización da rúa do Pombal e da Praza de León, que contan cun investimento conxunto de 964.970,61 euros. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
MEDIO AMBIENTE
Reunión o mércores coas asociacións de hostaleiros da cidade para avaliar o sistema de recollida ‘porta a porta’ na Cidade Histórica
A representación dos hostaleiros deberá levar ao encontro as súas propostas de mellora por escrito co obxectivo de "perfeccionar o servizo para adaptalo as súas rutinas de traballo" explica a concelleira de Medio Ambiente.