PLENO
O Pleno aproba a creación do Consello de Medio Rural e o seu regulamento
O Pleno da Corporación, reunido en sesión ordinaria, a última do mandato, deu luz verde á creación do Consello de Medio Rural e ao seu regulamento. Este documento define as súas funcións e dótao de estrutura e regras de funcionamento co obxectivo de artellar a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.
TURISMO
Turismo de Santiago participa nunha xornada sobre conectividade aérea organizada por Turespaña e Aena
A oferta de prazas na temporada de verán no Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro increméntase nun 35% con respecto do 2019, un crecemento moi superior á media do 4,4% de Aena.
ALCALDÍA
O Centro Xove de Creación Cultural achega á mocidade os proxectos da Axenda Urbana 2030 de Santiago cunha ampla programación de actividades
As propostas, que se desenvolverán entre os meses de abril e novembro, están dirixidas á poboación de entre 14 e 35 anos residentes no municipio. Cociña ecolóxica, videoarte, serigrafía, xornalismo, arte performativo, obradoiros de formación para bandas ou herboloxía son algunhas das iniciativas previstas.
MOBILIDADE
A Oficina Nacional de Avaliación da luz verde ao estudo económico e o prego de condicións para o transporte urbano
O novo contrato que renovará toda a flota de autobuses continúa agora coa tramitación da licitación.