MOBILIDADE

4.500 escolares pasarán polo parque de educación viaria de Amio este ano

02/03/2023

O parque de educación viaria, instalado no recinto feiral de Amio, recibirá ao longo do 2023 a visita de máis de 4.500 alumnos e alumnas de 25 centros educativos de Compostela. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, achegáronse esta mañá a Amio para coñecer de primeira man as actividades educativas desenvolvidas polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local.

Leer más

MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O Concello comeza a despregar un Centro de Operacions de Seguridade que se integrará na Rede nacional de SOCs

02/03/2023

O Concello de Santiago de Compostela acaba de comezar co despregamento dun Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que se integrará na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional, co obxectivo de mellorar a seguridade, capacidade de defensa, detección e resposta a ciberincidentes entre as distintas administracións.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo acorda coa conselleira de Infraestruturas traballar conxuntamente para ter adoptada antes do verán unha decisión sobre a construción do novo aparcadoiro do CHUS

02/03/2023

Máis de hora e media durou a reunión na consellería de Infraestruturas do alcalde coa propia conselleira, Ethel Vázquez, na que se tratou de desbloquear a construción dun aparcadoiro que de resposta ás necesidades do Hospital Clínico ante a súa inminente ampliación: "atopamos unha actitude positiva, construtiva e receptiva tanto coa proposta municipal como con outra alternativa que se puxo sobre a mesa por parte da consellería" explicou o alcalde ao remate do encontro.

Leer más
Compartir: