PROMOCIÓN ECONÓMICA
Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade
O vindeiro 21 de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor "Pensando e planificando Compostela mediante a participación cidadá", que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. O obxectivo é analizar algunhas das cuestións identificadas no proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 sobre a definición actual do modelo de cidade, como a distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.
EDUCACIÓN
A partir de mañá ábrese o prazo de presentación para solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís municipais
O Departamento de Educación do Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe de reservas e traslados do alumnado actual, así como o número de prazas vacantes dispoñibles para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias interesadas poderán achegar desde mañá, 16 de marzo e ata o 17 de abril, as solicitudes de prazas para novos/as alumnos/as.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago celebra mañá o "I Foro de Mobilidade" dentro do proceso participativo para a revisión do PMUS
O I Foro da Mobilidade, que terá lugar mañá ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta, está aberto á participación de toda a veciñanza e axentes implicados que queiran achegar suxestións, propostas ou inquedanzas en materia de mobilidade.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade viaxa a Bordeos para intercambiar boas prácticas sobre promoción turística e conservación do patrimonio
Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezada pola vicepresidenta do Grupo e alcaldesa de Segovia, Clara Martín, e na que participou o concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, realizou unha viaxe de boas prácticas a Bordeos, os días 13 e 14 marzo, na que mantiveron diversas reunións co alcalde da cidade francesa, Pierre Hurmic, e o Cónsul Xeral de España, José María Ferré de la Peña. Esta viaxe enmárcase nunha liña de traballo de intercambio de boas prácticas...
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago presenta a maquinaria "máis eficiente, sostible e cero emisións" do servizo de limpeza e recollida de lixo da cidade
"Un equipo renovado que nos permitirá vivir nun Santiago Sostible, limpo e respectuoso co medio ambiente", asegura Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente
POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE
Un centenar de persoas realizan o último tramo do Camiño co fin de impulsar a investigación sobre enfermidades raras
Un centenar de persoas percorreron hoxe o último tramo do Camiño de Santiago, catro quilómetros entre o monte do Gozo e a praza do Obradoiro, onde os recibiu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Todas elas, familiares ou persoas que sufren algunha enfermidade rara ou ultra-rara, camiñaron por un obxectivo común, visibilizar estas patoloxías e impulsar a investigación na procura de tratamentos eficaces.
DEPORTES
A pista de atletismo do Campus Vida inicia unha nova etapa coa súa reforma e homologación
As obras de renovación e mantemento, froito da colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela, USC, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña, permitiron que a Federación Española de Atletismo homologase esta instalación deportiva única en Santiago e comarca