CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de CSC lanza o espectáculo "Viva Vivaldi" dos Monicreques de Kukas e a acción artística participativa "O Museo Máis Pequeno da Cidade"
A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentou esta mañá o espectáculo "Viva Vivaldi", a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas, que arrancará o vindeiro 17 de marzo no Centro Sociocultural das Fontiñas e percorrerá varios centros da cidade. Na rolda de prensa, acompañaron á edila, Marcelino de Santiago e Isabel Rei Pousada, fundadores da mítica compañía. Esta mañá tamén se presentou "O Museo Máis Pequeno da Cidade", unha...
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"
Hoxe arranca un novo ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa "Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM". Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir ao primeiro concerto, dirixido ao alumnado dos CEIP Apóstolo Santiago e Ramón Cabanillas.