SEGURIDADE CIDADÁ

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra o seu 27 aniversario

13/03/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta tarde un acto de homenaxe ao que asistiu unha representación dos 80 membros en activo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coincidindo cos seus 27 anos de historia. A recepción contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen os felicitou, destacou o seu labor e lle agradeceu os servizos prestados en todos estes anos.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"

13/03/2023

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a apertura do procedemento de licitación dos servizos asociados ao programa "Colabora e innova no teu barrio" no marco da operación "Faino Ti", que conta cun investimento de 210.892,18 euros, dividido en tres lotes. Tamén se deu luz verde á licitación da reurbanización da rúa de García Lorca, cun orzamento base de licitación superior ao millón de euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más

AXENDA URBANA 2030

A Axenda Urbana de Santiago reúne aos seis Grupos de Impulso e Seguimento, GIS

13/03/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, unha nova xuntanza da Axenda Urbana 2030, co obxecto de revisar as actuacións previstas, actualizar a orde de prioridades e realizar o control da execución das accións deseñadas a través dunha serie de indicadores creados a tal efecto.

Leer más
Compartir: