ACCIÓN CULTURAL

O Concello lanza unha nova edición do Premio Exeria para apoiar o proceso creativo de obras literarias

01/03/2023

O Concello de Santiago convoca unha nova edición do Premio Exeria para proxectos de creación literaria, un certame que ten por obxecto incentivar a creatividade e a producción literaria escritas en lingua galega. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a poeta Yolanda Castaño presentaron esta mañá as bases da nova convocatoria, que na súa primeira edición recaeu na narradora Ana Cabaleiro e a súa proposta "Shukran".

Leer más

DEPORTES

Aberto o prazo de inscrición para a VII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 29 de abril

01/03/2023

A partir de hoxe, todas aquelas persoas interesadas poderán inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o día 29 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde entrega o título de fillo adoptivo de Santiago a Ubaldo Rueda, ex-director do IES Rosalía de Castro

01/03/2023

Ubaldo Rueda Soto, profesor e director do IES Rosalía de Castro durante máis de 30 anos, foi o protagonista dun acto de recoñecemento celebrado esta tarde no Teatro Principal, no que estivo acompañado por familiares e amigos así como diversas autoridades políticas e da comunidade educativa. O homenaxeado asinou no Libro de Ouro da Cidade e recibiu o pergamiño de Fillo Adoptivo da cidade de mans do alcalde de Santiago.

Leer más

EDUCACIÓN

Convócase o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

01/03/2023

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de maio de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño.

Leer más
Compartir: