DEPORTES

Máis de 700 inscricións na IX edición da San Silvestre a cinco días de rematar o prazo

22/12/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduíña, presentaron en rolda de prensa a novena edición da San Silvestre compostelá, que este ano se disputará conxuntamente co Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta. A saída da carreira será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta estará ubicada na rúa de San Francisco.

Leer más

ALCALDÍA

Ourives de Compostela lanzará, en 2023, un selo de calidade para diferenciar os seus produtos

22/12/2022

Este mediodía reuniuse a "Comisión de seguimiento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela". Nesta xuntanza, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, debatéronse as actividades que integran o plan e que se prevén executar no 2023, entre elas, o lanzamento da marca colectiva de calidade "Ourives de Compostela" e a compilación de documentación audiovisual das técnicas de ourives de máis idade. E tamén se fixo balance da exposición "O Esplendor do Camiño, oito...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"30 anos facendo camiño" fai un percorrido polos avances acadados polo CIM Santiago na loita contra a violencia de xénero

22/12/2022

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada por Cruz Dafonte, consultora social e autora da obra, e Teresa Furelos, responsable do servizo de Igualdade, presentou esta mañá "30 anos facendo camiño", unha reportaxe audiovisual que fai un percorrido polo traballo realizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Santiago, desde a súa creación en 1991, para combater a violencia de xénero e axudar ás súas vítimas Esta peza será proxectada o vindeiro luns 26 de decembro...

Leer más
Compartir: