AXENDA URBANA 2030

Evolución positiva do emprego en Santiago, cun mercado laboral diferenciado que presenta mellores indicadores que a media galega

17/12/2022

Na última xuntaza do Consello Económico e Social, celebrada esta semana e presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, deuse conta dos avances na Axenda Urbana 2030 e informouse sobre o comportamento do mercado laboral en Santiago, que segundo o investigador e profesor da USC, Melchor Fernández, presenta unha tendencia positiva en indicadores como reducción do desemprego, e dimunución das fendas de empregabilidade por idade e por sexo, onde tamén se está reducindo a brecha salarial entre homes e mulleres.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Restaurada e iluminada, a auga volve correr na fonte de Vite

17/12/2022

A fonte situada na zona verde entre a rúa de Alexandre Bóveda e a Avenida do Burgo das Nacións en Vite, e que xa estivera con anterioridade na Praza Roxa, volve a levar auga tras unha profunda restauración pola que se recolocaron as pedras, impermeabilizouse a superficie, substituíuse o equipo de bombeo e instaláronse focos leds para a súa iluminación nocturna

Leer más

ALCALDÍA

A modificación puntual do PXOM para o antigo Peleteiro recolle unha gran praza pública de 1.395 metros cadrados

17/12/2022

O mércores someterase a votación plenaria a modificación puntual do PXOM para desbloquear a operación Peleteiro, coa que se abre un prazo de exposición pública do documento, e se suspende de xeito temporal a concesión de licenzas. Na proposta do Concello recóllese unha gran paza pública a un único nivel, como reclamaban os axentes sociais, orientada cara San Pedro de Mezonzo e cunha conexión con República Arxentina de 20 metros de apertura, converténdose esta na rúa máis ancha do Ensanche.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Lembranza a Ánxel Casal cunha escultura que é "homenaxe, xustiza e democracia"

17/12/2022

Fronte a biblioteca que ten o seu mesmo nome, na Avenida de Xoan XXIII, Ánxel Casal, o que fora alcalde de Santiago de Compostela en 1936 volve a erguerse cunha escultura de bronce de 2 metros da artista arxentina Cristina Rommel. No acto de inauguración, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, quixo ratificar o compromiso do Concello coa memoria democrática.

Leer más
Compartir: