XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento para a adquisición de dous novos vehículos lixeiros para os Bombeiros
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou a apertura do procedemento para adquirir dous novos vehículos lixeiros para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Tamén no ámbito da Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, acordouse a inclusión da praza de San Pedro na Zona 3 de estacionamento para residentes, no mesmo barrio de San Pedro.
ALCALDÍA
Concello e Ministerio de Turismo colaborarán na programación e promoción do Xacobeo 2021
Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá na Casa do Concello á Ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto. Despois de asinar no Libro de Ouro da cidade, mantiveron un breve encontro no que o alcalde lle pediu unha implicación "máis directa do seu Ministerio na programación e na xestión do Xacobeo". A ministra explicou que están traballando co obxectivo de vertebrar un proxecto en torno ao Ano Santo, e que se están activando "algúns programas en común"...
ALCALDÍA
Recepción aos/ás participantes nos Cursos Universitarios Internacionais "Música en Compostela"
O alcalde en funcións, Sindo Guinarte, recibiu hoxe a 120 músicos/as procedentes de 11 países, que participan na edición número 62 dos Cursos Universitarios Internacionais "Música en Compostela". Estivo acompañado pola concelleira de Educación, Noa Díaz, e polos edís José Antonio Constenla, do PP; e Goretti Sanmartín e Navia Rivas, do BNG.