FESTAS
As atraccións da Alameda terán un horario inclusivo sen ruído de 17:00 a 19:00 horas os días 23, 25, 27 e 30
Co obxectivo de facilitar a participación dos nenos e nenas con diversidade funcional nas atraccións feirais da Alameda, a Concellaría de Festas, en colaboración cos feirantes, vai facilitar un horario inclusivo sen ruído, de 17:00 a 19:00 horas, os días 23, 25, 27 e 30 de xullo.
FESTAS
Últimas horas para participar no sorteo de convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende a zona de convidados/as
O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas.
BENESTAR ANIMAL
Esther Pedrosa agradece o donativo entregado por Xosé Manuel Budiño e a revista Coralia ao Refuxio de Animais de Bando
A concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa; e a directora do
Refuxio de Animais de Bando, Olalla García, recibiron esta mañá a doazón procedente das vendas do último traballo de Xosé Manuel Budiño, Fulgor, durante a presentación de Coralia. Revista Compostelá de Tendencias.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo, optimista sobre a retirada da cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros vinculante para a ampliación da intermodal
Encontro cordial e produtivo. Así definiron o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a xuntanza mantida hoxe, na que trataron os proxectos nos que Xunta e Concello traballan conxuntamente. Entre eles, a EDAR, a intermodal ou o transporte público. Na comparecencia posterior ante os medios, Ethel Vázquez amosouse favorable a eliminar a cláusula de 3,5 millóns de viaxeiros que condiciona futuras actuacións na intermodal.