CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle a exposición "A paisaxe e a súa pegada II", na que catro fotógrafos amosan a súa particular visión do Camiño

09/10/2019

No marco do proxecto expositivo Imaxinando Compostela, que o Consorcio de Santiago está a promover vencellado ao Xacobeo 2021, esta mañá inaugurouse unha nova mostra na Casa do Cabido. A paisaxe e a súa pegada II é a segunda parte da exposición que puido contemplarse nos últimos meses na Casa do Cabido. Nesta ocasión son os fotógrafos Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler os que nos amosan a súa visión da paisaxe ligada a Compostela como meta e ao propio...

Leer más

DEPORTES

Nace "O Camiño Race" coa aspiración de situar Compostela como unha referencia internacional nas probas de obstáculos

09/10/2019

Santiago acollerá o sábado 19 de outubro, a partir das 16:00 horas O Camiño Race, unha proba de obstáculos (OCR) que nace coa vocación de converterse nunha referencia mundial nesta disciplina. O Concello participa na organización desta competición, que servirá tamén para impulsar a candidatura de Compostela ao Campionato do Mundo de OCR de 2021, coincidindo co Ano Santo. A inscrición segue aberta ata o 13 de outubro e xa hai case 400 participantes confirmados/as.

Leer más

PATRIMONIO

Constituída a Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa presenza na mesma da concelleira Mercedes Rosón

09/10/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) será o anfitrión do V Encontro Europeo de Patrimonio Mundial, que se vai a celebrar na cidade de Eivissa os días 26 e 27 de novembro. A preparación dese V Encontro Europeo é o primeiro reto que afronta a nova Comisión de Patrimonio do Grupo, que se constituíu este mércores en Madrid, baixo a presidencia do alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, e que está formada polos concelleiros/as de área das 15 cidades, entre eles/elas a concelleira...

Leer más

TURISMO

Tapas creativas, tradicionais e máis premios, novidades do Santiago(é)tapas 2019

09/10/2019

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron a duodécima edición de Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de Mahou.

Leer más
Compartir: