TURISMO

Promoción turística do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Reino Unido

03/10/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade arrincou a súa nova campaña de promoción internacional en Reino Unido con dúas presentacións ante axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación de Glasgow e Manchester. Estas dúas accións, en colaboración con Madrid Destino, promocionan a oferta patrimonial, cultural e deportiva das 15 cidades españolas cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza,...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca a importancia do Camiño na construción de Europa

03/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa, que se celebra ata o 6 de outubro en Compostela baixo o lema "Europa, hora de espertar? Os signos da esperanza". Na súa intervención, o rexedor destacou a importancia do Camiño de Santiago na construción de Europa. Lembrou as visitas dos Papas Xoán Paulo II e Benedito XVI a Compostela e sinalou que espera que se repitan nun futuro na persoa do Papa Francisco.

Leer más
Compartir: