ALCALDÍA

Encontro co representante de Taiwán en España, José María Liu

14/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, reuníronse hoxe co representante de Taiwán en España, José María Liu, e con distintos responsables da Oficina Económica e Cultural de Taipei. Entre os asuntos tratados no encontro figura a busca dun estreitamento de relacións entre as empresas de Compostela e Taiwán.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o contrato da primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas

14/10/2019

A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o contrato das "Obras de rehabilitación da Casa das Máquinas. Fase 1", á empresa Obras Gallaecia por un importe de 218.932,04 euros, IVE incluído, ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas. Os traballos desta primeira fase, segundo explicou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, centraríanse na cuberta do edificio, situado na Rúa de Galeras, e na estrutura interior.

Leer más
Compartir: