LINGUA E COMERCIO

O Concello convoca novas axudas para o comercio local dentro do programa "Coidar para mellorar"

10/10/2019

Despois da convocatoria de cheques de consultoría posta en marcha no pasado mes de abril, os departamentos de Lingua e de Comercio volven xuntarse para outorgar novas axudas para o pequeno comercio, dentro do programa Coidar para mellorar, mellorar para coidar. Desta vez destínanse 40.000 euros a esta convocatoria, que conta con dúas liñas de axuda: unha para reforma e adecuación de locais e outra para gastos de comunicación realizada en galego.

Leer más

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio de Galicia celebra o seu 30 aniversario este mes de outubro cunha programación especial

10/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; presentaron esta mañá as celebracións previstas para o 30 aniversario do Auditorio de Galicia. Serán actividades de música, danza, teatro, visitas guiadas, artes visuais... dende o 11 ata o 30 de outubro. A festa principal será o domingo 20, precisamente o día que se cumpren os 30 anos de apertura do edificio, e ese día todas as actividades...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visitou as instalacións de Televés

10/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e dos responsables da área de Promoción Económica visitaron esta mañá as instalacións de Televés. Durante a visita, puxéronse en común as realidades e proxectos sociais e industriais de Televés Corporación e a cidade de Compostela. Por parte da compañía estiveron presentes o seu director xeral, Santiago Rey, e o secretario xeral, Jorge Lorenzo.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Mila Castro será unha das vogais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

10/10/2019

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, será unha das vogais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Acordouse na Asemblea celebrada hoxe en Santiago, na que se aprobou por unanimidade a composición da nova Comisión Executiva. O Concello de Nigrán renova a Presidencia na persoa do alcalde, Juan González, mentres que a Vicepresidencia será para a concelleira de San Sadurniño, Ana Breixo. A Secretaría continuará exercéndoa o Instituto Galego de Análise e...

Leer más
Compartir: