EMPREGO
O FIE 2017 centrarase na economía circular como motor do desenvolvemento do mercado laboral
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Siro González, do Restaurante Siro, e Freire Chico, de Airas Cátering, deu a coñecer esta mañá as Xornadas de Economía Circular que centrarán a Feira de Innovación para o Emprego (FIE) 2017.
COMERCIO
O Ensanche celebra as festas da Ascensión con propostas lúdicas e comerciais
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá algunhas das actividades que o tecido comercial do Ensanche ten preparado para as festas da Ascensión, que se celebran na nosa cidade do 24 ao 28 de maio. Na rolda estivo acompañada de José María Fernández, presidente de Santiago Centro, e de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos.
LETRAS GALEGAS
O Concello celebra o Día das Letras Galegas cun amplo programa cultural
O alcalde presentou este martes a programación coa que o Concello de Santiago se vai sumar á celebración do Día das Letras Galegas e á homenaxe a Carlos Casares, o autor ao que se lle dedica este 17 de maio. Martiño Noriega salientou o interese do Goberno compostelán en "aproveitar esta data para reivindicar a un escritor que tivo unha enorme vinculación con Santiago, e sobre todo para reivindicar o noso idioma".
ACCIÓN CULTURAL
Concerto de Jesús Díaz e "Mud Gallery", de La Intrusa Danza, no Teatro Principal
O prestixioso músico e compositor de cine, publicidade e danza, Jesús Díaz, ofrece un concerto no Teatro Principal este mércores ás 20:30 horas. Faino como previa ao espectáculo da compañía de danza La Intrusa Mud Gallery, que temos o xoves tamén no Principal ás 20:30 horas, e cuxa música foi composta por Díaz. As entradas para ambos espectáculos poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou en
ALCALDÍA
O alcalde e o conselleiro de Sanidade analizan a futura ampliación do CHUS
O alcalde mantivo esta mañá unha reunión co conselleiro de Sanidade, na que abordaron as actuacións derivadas da construción da nova Facultade de Medicina e Odontoloxía. Martiño Noriega mostroulle a Jesús Vázquez Almuíña a disposición do Concello a colaborar no que sexa necesario durante a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e a reordenación do Hospital de Conxo e do Gil Casares.