CONVIVENCIA
Os Bombeiros de Santiago celebran este sábado unha xornada de portas abertas con motivo do seu patrón
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, presentaron hoxe as actividades coas que o corpo vai celebrar, por adiantado, o día do seu patrón. O acto central será o sábado, cunha xornada de portas abertas no propio parque que se desenvolverá de dez da mañá a unha da tarde.
IGUALDADE
O espectáculo "Bravas e diversas", de Chévere, centra a programación para o vindeiro 8 de marzo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu a coñecer os detalles da gala que o Concello e Chévere teñen preparada para o vindeiro 8 de marzo no marco da campaña polo Día Internacional das Mulleres. Na rolda estivo acompañada de parte do persoal do espectáculo: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Esther Carrodeguas, Clara Gayo e Renata Otero.
ACCIÓN CULTURAL
Volven as Liñas Paralelas cos "Contos no espello"
Volve o programa Liñas Paralelas, de sesións de relato breve e música. Fano con Contos no espello, da man de Pepe Sendón e Marcos Teira, cunha proposta de narración oral e música como experiencia única, onde o espello como enigma e atractivo literario se une á ollada que duplica, distorsiona e está presente de xeito permanente na sala espellada do Centro Sociocultural de Conxo.
ACCIÓN CULTURAL
Aberto o prazo de inscrición para a 14ª edición do Festival Internacional Curtocircuíto
Xa está aberto o prazo para participar na 14ª edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará do 1 ao 8 de outubro deste ano, 2017. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2017. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 59 minutos (títulos de crédito.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Excéntricas estrea este venres en Compostela "A cabeza do dragón", primeira obra de Valle-Inclán representada en galego
Producións Teatrais Excéntricas estrea este venres en Compostela A cabeza do dragón, a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego. As funcións serán ademais de mañá, día 3, tamén os días 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo ás 20:30 horas, nun dos eventos culturais máis relevantes do 2017 no país.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Starcach", "Ser docente a través da arte" e "Dimenome", gañadores da IX edición dos Premios Educacompostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios da IX edición do certame Educacompostela. Foi nun acto no Salón Nobre do Concello no que estivo acompañado do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e da presidenta da Nova Escola Galega, María Dolores Candedo.
MEDIO AMBIENTE
Servizo de lacería
Recollida de cans e gatos abandonados na vía pública. Tódolos días do ano, as 24 horas do día.