EMPREGO
Unha xornada amosará as posibilidades da eficiencia enerxética como nicho de emprego
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou a xornada técnica Xestión enerxética como nicho de emprego, que se desenvolverá no edificio do Cersia o luns 5 de marzo. O evento coincide coa celebración nesa xornada do Día Mundial da Eficiencia Enerxética e xa conta con 94 inscritos. Colaboran co Concello na organización o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e European Quality Assurance (EQA)
EDUCACIÓN
Apertura da admisión nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre
A Concellería de Educación informa da apertura dos prazos de reserva de praza, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
ALCALDÍA
A Xunta Local de Seguridade volverá reunirse despois de 25 anos
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello de Santiago, onde foi recibido polo alcalde, Xerardo Conde Roa. Tras este encontro inicial anunciaron a convocatoria da Xunta Local de Seguridade, que se reunirá en Raxoi o luns 12 de marzo.
CONSORCIO
Presentado o libro "Santiago monumental. Apuntes de Segundo Hevia"
O Consorcio de Santiago presentou o libro Santiago monumental. Apuntes de Segunda Hevia, coeditado con Teófilo Edicións . Nesta nova publicación recóllense algo máis de 100 debuxos de Segundo Hevia, apuntes do natural que logo foron empregados para realizar as súas coñecidas acuarelas sobre Santiago.