EDUCACIÓN

A Feira de Minerais de Santiago chega á súa décima edición como a máis grande da Península Ibérica

27/02/2024

A décima edición da Feira de Minerais de Santiago, que conta co apoio do Concello de Santiago, desenvolverase desde este xoves 29 de febreiro e ata o domingo 3 de marzo no centro comercial Área Central e contará cunha trintena de postos con minerais, fósiles e pezas de xoiaría e un amplo programa de actividades como a charla do xornalista Xavier Aldekoa que falará sobre o saqueo do cobalto en África. Na rolda de prensa de presentación desta mañá, estiveron a concelleira de Educación, Míriam Louzao,...

Leer más

LINGUA

Aberto o prazo para inscribirse na quenda de primavera de dous obradoiros de acollemento lingüístico

27/02/2024

O próximo 18 de marzo comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 17 de xuño. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de marzo.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

‘Bailador’, a danza tradicional galega en linguaxe contemporánea

27/02/2024

A compañía de danza de Óscar Cobos constrúe un espectáculo con música de Berrogüeto para render homenaxe ao papel das mulleres na preservación das formas tradicionais do baile galego. A actuación terá lugar no Auditorio de Galicia este xoves ás 20.30 horas e aínda hai entradas dispoñibles no despacho de billetes da Zona C e na web de Compostela Cultura

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello e Agadea colaboran en cadanseu programa para activar mente e corpo das persoas maiores

27/02/2024

O próximo un de marzo comezan os programas de envellecemento activo que poñen en marcha a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Asociación Galega de Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer, e que se desenvolverán en varios centros socioculturais tanto do ámbito urbano como do rural. Haberá dúas actividades diferentes: unha delas dirixida ao adestramento mental e a outra pensada para a activación física das persoas maiores.

Leer más

CONSORCIO

A mostra fotográfica de Denís Estévez "Lousas dun mesmo Mundo" chega á Casa do Cabido

27/02/2024

A Casa do Cabido acolleu esta mañá a presentación da exposición 'Lousas dun mesmo Mundo' de Denís Estévez. O artista plástico presenta 20 evocadoras fotografías que invitan á crítica e á reflexión. Ao acto de apertura da mostra fotográfica acompañaron ao artista a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Leer más
Compartir: