CENTROS SOCIOCULTURAIS
Programación da Rede de Centros Socioculturais
Santiago de Compostela conta con máis de 42 centros socioculturais distribuídos entre os diversos barrios que conforman o municipio, que ofertan unha programación estable de exposicións, conferencias, ciclos formativos e audiovisuais, cursos, etc.
O Departamento de Centros Socioculturais programou, para esta nova tempada 2024/2025 actividades con máis de 10.000 prazas ofertadas, a maiores das deseñadas para as aulas de xogo e de lectura, a través de programacións específicas que se desenvolverán en distintos...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais oferta 7.400 prazas nas actividades para o curso 2023-2024
O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, acompañado pola técnica de programación dos centros socioculturais, Lourdes de la Cruz, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación dos CSC para a tempada 2023-2024. Un repaso polas preto de 7.400 prazas ofertadas dentro do programa de actividades organizadas polo Concello de Santiago, e cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 6 ao 21 de setembro.
DEPORTES
Máis de 340 xogadores e xogadoras de baloncesto participarán este sábado no 3x3 "Camiño a Compostela" no Área Central
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a I edición do 3x3 "Camiño a Compostela", que organizan a Federación Española e Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago. Este torneo desenvolverase o sábado 2 e domingo 3 de setembro na praza Europa de Área Central.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Salamanca e Valencia, vítimas de violencia machista.
LINGUA
Aberto o prazo para inscribirse na quenda de outono de dous obradoiros de acollemento lingüístico
O próximo 20 de setembro comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 20 de decembro. O prazo para inscribirse está aberto ata o 15 de setembro.
ECONOMÍA E FACENDA
Manuel César analiza a situación económica do Concello e marca como obxectivos a redución do período medio de pagamento e a mellora da execución orzamentaria
O concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, deu conta esta mañá da actual situación económica e de xestión no Concello de Santiago, nunha rolda de prensa na que tamén explicou os obxectivos que se marca, como reducir o período medio de pagamento a fornecedores, mellorar o grao de execución orzamentario ou axilizar o desempeño da administración electrónica.