CAPITAL CULTURAL
Comezan as intervencións murais do V Delas Fest
Entre o 30 de agosto e o 12 de setembro, as artistas Amaia Arrazola, Julieta XLF, Doa Oa e Eloise Gillow realizarán cadanseu mural na comarca de Santiago. Como novidade, o Festival de Arte Urbana Feminista e Contextual incluirá dous obradoiros de graffiti para familias en Santiago e Bertamiráns (Ames).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Este sábado arranca o Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado, no que colabora o Concello de Santiago
O XXII Festival Agustín Magán desenvolverase entre o 2 e o 22 de setembro no Teatro Principal, na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, e no Salón Teatro. O evento, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, conta co apoio o Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O Concello rende homenaxe a Jorge Corbacho no primeiro aniversario do seu falecemento
O Parque de Bombeiros acolleu esta mañá un acto en lembranza do bombeiro Jorge Corbacho Mauricio, falecido en acto de servizo o 30 de agosto do pasado ano. Durante a homenaxe, descubríronse unha placa conmemorativa e un retrato do mozo, realizado por Néstor Reinaldo. O acto contou coa presenza da familia de Jorge; da alcaldesa, Goretti Sanmartín; do concelleiro responsable do corpo dos bombeiros, Xan Duro; de representantes da Corporación Municipal; do persoal do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, da Policía Local e de...