IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 27 de xullo en Barcelona, vítima de violencia machista.
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto celebra o seu 20º aniversario do 3 ao 8 de outubro
Curtocircuíto celebra vinte anos promovendo o cinema máis innovador dende Santiago de Compostela. O festival internacional de cinema reinvéntase: anuncia nova identidade visual e a nova sección "Cosmos".
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Instalada nova sinaléctica para lembrar a prohibición de circular en bicicleta pola rúa de San Pedro
O Concello vén de instalar nova sinaléctica en San Pedro para advertir da prohibición de circular en bicicleta pola rúa. As persoas que as utilicen deberán desviarse pola rúa da Angustia cara a rúa de Bonaval. Con esta medida, o Departamento de Mobilidade pretende mellorar a convivencia neste punto de entrada do Camiño de Santiago.
ALCALDÍA
O Goberno municipal reúnese coa Demarcación de Estradas para analizar o proxecto do Orbitaliño
Goretti Sanmartín, acompañada polos concelleiros de Mobilidade e de Urbanismo, Xan Duro e Iago Lestegás, mantivo onte unha xuntanza coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para tratar varios dos asuntos que preocupan e competen ás dúas administracións.
TURISMO
Míriam Louzao reitera a necesidade de seguir avanzando cara a un turismo consciente, responsable e sustentable no tempo
A concelleira de Turismo compartiu os datos achegados pola oficina de peregrinos que indican un incremento de 20.000 peregrinos chegados a Compostela con respecto á mesma data do ano pasado, o que supón unha suba do 9%. Míriam Louzao valorou positivamente estas cifras e reafirmou a necesidade de seguir traballando cara a un "novo modelo turístico" baseado "nun turismo consciente, responsable e sustentable no tempo" coa posta en marcha de iniciativas como o Código de Boas Prácticas ou a aplicación da taxa turística.