MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O Concello contará cunha xestión contable 100% electrónica

22/02/2023

O Concello de Santiago implantará nos vindeiros meses unha nova aplicación informática que permitirá unha xestión integral de facturas desde o momento da súa presentación ata o seu pagamento, evitando a xestión manual. Esta nova solución web permitirá coñecer en todo momento a situación na que se atopa a factura e a integración desta xestión con outros procesos administrativos.

Leer más

DEPORTES

Santiago acolle o vindeiro sábado a celebración do Campionato Galego Infantil de Karate

22/02/2023

O próximo sábado, 25 de febreiro, o pavillón municipal de Santa Isabel acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil da tempada 2022-2023, no que colabora o Concello de Santiago, coa participación de 279 deportistas das categorías benxamín (ata 7 anos), alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos), xuvenil (12 e 13 anos) e cadete (nados no ano 2009). A competición foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa coa concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de...

Leer más

ALCALDÍA

A praza do Obradoiro acollerá este venres cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno tras un ano de guerra

22/02/2023

O Concello de Santiago convoca para este venres 24 de febreiro ás 12.30 h un acto de cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno, cando se cumpre un ano desde o comezo da agresión rusa. Todas aquelas persoas que o desexen poderán unirse a esta homenaxe, que contará coa actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol'

22/02/2023

O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 26 de febreiro, ás 18.30 horas, a peza de teatro 'Bajo el mismo sol', que constitúe un símbolo na loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas. Esta cita cultural está promovida pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, en colaboración co Concello de Santiago, coincidindo coa celebración do seu sétimo aniversario.

Leer más
Compartir: