DEPORTES
Santiago acolle a 11ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con e sen discapacidade intelectual
A marcha, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración co Concello de Santiago e unha ampla lista de entidades e empresas, chegará o día 7 de outubro a Compostela despois de percorrer as localidades de Allariz (Ourense) e Antas de Ulla (Lugo). O obxectivo desta marcha e favorecer a inclusión do colectivo a través do deporte.
ALCALDÍA
Rueda confírmalle á alcaldesa que autorizará unha taxa turística específica para Santiago
Goretti Sanmartín e Alfonso Rueda mantiveron esta tarde unha xuntanza na sede da Presidencia da Xunta na que a rexedora compostelá lle trasladou ao titular do executivo autonómico "unha serie de temas de colaboración institucional para traballar en sinerxía" entre ambos os entes. Na xuntanza, o titular da Xunta comprometeuse a autorizar a aplicación da taxa turística para Santiago e a avanzar na construción de vivenda pública.
XUVENTUDE
O Concello de Santiago leva aos centros educativos un programa sobre saúde mental "para evitar condutas de risco e rachar cos estigmas"
Informar sobre os trastornos mentais máis frecuentes, evitar os estigmas e prexuízos en torno á saúde mental, e pevir condutas de risco. Son os obxectivos do programa de promoción da saúde mental, que a Concellaría de Xuventude pón en marcha en colaboración coa Asociación Itínera. A concelleira, María Rozas, presentou hoxe a actividade, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro nos IES e CEIPS de Compostela. Fíxoo acompañada por Carlos Martínez Uzal, coordinador de...
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas vítimas do incendio de Murcia
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio como mostra de pesar polas 13 persoas falecidas no incendio que afectou a varias discotecas de Murcia na madrugada do domingo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma da Praza de Abastos por máis de 450.000 euros
A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato de obras de reforma da praza de Abastos á empresa INSIDE THE TEAM, S.L por un importe total de 451.278,16 €, IVE engadido. Con esta actuación, o Concello de Santiago pretende poñer en valor este edificio, incrementar a súa funcionalidade, e facelo máis cómodo e accesible a cidadanía e visitantes. Tamén se acordou conceder ás licenzas de obra ao Consorcio de Santiago para a reparación...
CAPITAL CULTURAL
Os Premios Ari(t)mar da música e da poesía galego-portuguesas premian a Fillas de Cassandra e Retimbrar e os poemas de Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo
As artistas actuarán na Gala dos premios, que terá lugar o martes, 10 de outubro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. O premio especial a amizade galego-lusófona recaeu na Associação José Afonso, que leva máis de 30 anos difundindo os valores deste artista, tamén desde a delegación galega.