MOBILIDADE
O Salón do Vehículo de Ocasión volve ao recinto feiral de Amio
O recinto feiral de Amio acolle do xoves ao domingo a XII edición do Salón do Vehículo de Ocasión, no que participarán máis de 25 concesionarios e compravendas da comarca. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe o evento acompañado do seu organizador, Fabián Saavedra.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases e a convocatoria para participar no Mercado de Nadal 2023-2024
A Xunta de Goberno deu luz verde a unha nova convocatoria para o Mercado de Nadal, que se instalará en Carreira do Conde e Área Central. Tamén acordou solicitar unha subvención por preto de 420.000 euros para distintos programas do departamento de Servizos Sociais, un dos cales ser realizará por primeira vez e consistirá na posta a disposición de vivendas de transición para persoas en situación de senfogarismo. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
TURISMO
Santiago de Compostela dialoga sobre o novo modelo turístico nun foro internacional
Representantes do tecido hostaleiro e social da cidade compartirán xornada con representantes institucionais de Catalunya, Porto, Málaga e Sevilla, que achegarán distintas visións sobre destinos sometidos a unha elevada presión turística. A xornada terá lugar o venres 20 de outubro no Pazo de Fonseca, entre as 9:15h e as 14:00h, e estará aberta ao público en xeral.
MOBILIDADE
As familias do Pío XII disporán de 25 minutos de estacionamento de balde no parking de Galeras
As familias do colexio Pío XII disporán finalmente de 25 minutos de estacionamento de balde no aparcamento A Catedral, situado na rúa de Galeras, nos horarios de entrada e saída do centro. Anunciouno o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que agradeceu a vontade de colaboración da empresa que xestiona o parking. O edil fixo tamén un chamamento ás nais e pais do CEIP "para que todas as partes colaboremos e actuemos con responsabilidade co obxectivo de mellorar as dinámicas de mobilidade e evitemos problemas de circulación na...
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade abordan en Córdoba a reactivación económica e sostible nos centros históricos
Ás Xornadas, organizadas polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e o Concello de Córdoba e que se celebran do 16 e 17 de outubro, asistiu o concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás.
CAPITAL CULTURAL
Cineuropa abre a convocatoria para elixir o seu Xurado Novo
A 37ª edición do festival desenvolverase do 9 ao 25 de novembro. A convocatoria diríxese a persoas de entre 18 e 25 anos e o prazo de recepción de candidaturas permanecerá aberto ata o 24 de outubro.