TURISMO
Unha peregrina de Singapur recibe o Certificado Dual 5.000 por percorrer o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo
Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade, e a cidade de Tanabe, destino do Kumano Kodo, levan anos traballando nun proxecto turístico de dimensión global.
MOBILIDADE
As familias do Pío XII e Raíña Fabiola poderán acceder de balde ao aparcamento de Galeras nos horarios de entrada e saída do colexio
As familias dos colexios Raíña Fabiola e Pío XII poderán estacionar de balde durante 15 minutos nos horarios de entrada e saída do centro escolar no aparcamento A Catedral, situado na rúa de Galeras. Así o acordou a Concellería de Mobilidade cos responsables do estacionamento, co obxectivo de paliar os problemas de circulación e aparcamento na contorna dos dous colexios.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 10 de outubro en Málaga, vítima de violencia machista.
CAPITAL CULTURAL
O Concello de Santiago celebra o centenario do Seminario de Estudos Galegos cun roteiro pola cidade, un caderno conmemorativo e un documental
Ademais de colaborar na organización do roteiro que se celebrou onte entre Santiago e Ortoño, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos, o Concello celebra o centenario do Seminario de Estudos Galegos con máis actividades: un novo roteiro, neste caso por diferentes puntos de Compostela significativos na historia da entidade; un caderno conmemorativo da efeméride e unha unidade didáctica para os centros educativos. Tamén elaborou o documental ‘Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos’.
MOBILIDADE
O Concello segue reclamando un novo aparcadoiro para o CHUS e avaliará o estudo de mobilidade da Xunta cando reciba o informe completo
O Goberno local está á espera de recibir o "Estudo de mobilidade e aparcadoiro do Hospital Clínico de Santiago e do Hospital Provincial de Conxo" para poder avalialo en detalle, despois de coñecer hoxe un resumo nunha reunión celebrada esta mañá entre representantes do Concello e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. O Concello segue reclamando medidas realistas para solucionar os problemas de estacionamento na contorna dos hospitais, e xa lle trasladou á Xunta as melloras no transporte público ao CHUS...