DEPORTES
Santiago acolle a 10ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con e sen discapacidade intelectual
A marcha, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración co Concello de Santiago e unha ampla lista de entidades e empresas, chegará o día 1 de outubro a Compostela despois de percorrer as localidades de Baños de Molgas (Ourense) e Friol (Lugo). O obxectivo desta marcha e favorecer a inclusión do colectivo a través do deporte.
MOCIDADE
Arranca o programa de Noites Alternas con actividades nocturnas saudables para a mocidade de Compostela
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe o programa Noites Alternas, unha iniciativa de lecer nocturno alternativo destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.
MEDIO AMBIENTE
O Centro sociocultural do Ensanche acollerá a Feira de Economía Circular e Boas Prácticas esta fin de semana
A feira, que forma parte do proxecto #EuCompost_ela, impulsado polo Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia,
celebrarase o venres 23 e sábado 24 e reunirá a persoas expertas e empresas referentes do eido da sostibilidade. A entrada será de balde e as persoas asistentes poderán gañar un premio.
TURISMO
Turismo de Santiago explica o proxecto Bodah a representantes da cidade canadense de St. John's
Turismo de Santiago presentou as liñas principais do proxecto europeo Bodah, liderado pola entidade de xestión turística municipal, a representantes da cidade de St. John's, capital da provincia canadense de Terranova e Labrador. A reunión celebrouse no marco do proxecto IURC, no que o Eixo Atlántico e o Concello de Braga estableceron unha colaboración con esta cidade canadense.