MOBILIDADE

O Concello celebra a Semana Europea da Mobilidade con pedaladas e charlas baixo o lema "Conectando mellor"

14/09/2022

Un ano máis o Concello de Santiago súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade que terá lugar entre o 16 e 22 de setembro. Este ano o evento xira arredor do tema "Conectando mellor", xa que tras estes anos de illamento e restricións á mobilidade, preténdese recuperar as relacións socias e a conexión entre as persoas, dando así cabida a todas as formas de transporte, tanto colectivo coma individual.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A VI edición do Festival HerDanza leva de novo a danza contemporánea ás rúas compostelás

14/09/2022

O HerDanza é un festival de danza contemporánea ao aire libre promovido por Can Cun Quinqué en colaboración co Concello de Santiago que se desenvolverá os días 15, 16 e 17 de setembro en diferentes espazos de Compostela como a praza de Mazarelos, o cemiterio de Bonaval, a praza da Inmaculada ou o Museo do Pobo Galego, entre outros. Todas as actividades son de acceso libre.

Leer más

DEPORTES

Máis de 400 nenos e nenas participarán no IV Mini BTT Cidade de Santiago

14/09/2022

O Estadio Verónica Boquete acolle este domingo, 18 de setembro, a IV edición Mini BTT Cidade de Santiago, organizado polo Club Ciclista Compostelano. Nesta ocasión a competición servirá para homenaxear a José Luis Neira Fontao, que foi presidente do club durante anos e que faleceu recentemente. O evento foi presentado hoxe pola concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, e a vicepresidenta do Club, Mónica González.

Leer más

MOBILIDADE

Uns 17.000 usuarios do transporte urbano estanse a beneficiar, cada día, da rebaixa do 30% en abonos multiviaxe posta en marcha polo Goberno central

14/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, verificaron esta mañá en Compostela a aplicación do desconto do 30% no prezo do autobús urbano que entrou en vigor este mes grazas ás axudas activadas polo Ministerio de Transportes para paliar a inflación e os efectos da crise enerxética. O rexedor amosou a súa satisfacción polo repunte no uso do transporte público, que xa se sitúa en niveles anteriores á pandemia. No acto tamén...

Leer más
Compartir: