RELACIÓNS VECIÑAIS
Últimos días para solicitar as subvencións para as asociacións veciñais
O vindeiro 5 de xullo remata o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2020. O Concello de Santiago destina a estas axudas a contía de 100.000 euros.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago completa a galería de alcaldes republicanos coa incorporación do retrato de Raimundo López Pol
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu hoxe o acto de recepción da pintura conmemorativa en lembranza de Raimundo López Pol, rexedor compostelán entre 1931 e 1934. Encargouna o propio Concello, a través do Departamento de Acción Cultural, para completar a serie de retratos dos catro alcaldes que tivo a cidade durante a Segunda República: Francisco Javier Vázquez Enríquez, entre o 17 de novembro de 1934 e o 23 de febreiro de 1936; Ánxel Casal, dende esta última data ata o seu asasinato;...
TURISMO
Turismo de Santiago crea unha ferramenta que concentra a oferta turística para familias
Turismo de Santiago está desenvolvendo unha nova ferramenta telemática para que as familias que visitan a cidade poidan coñecer nun único espazo web toda a oferta turística dispoñible para elas. Trátase dun proxecto que afonda na estratexia de captación de turismo familiar, un segmento fundamental para a cidade, especialmente no contexto actual.