ALCALDÍA

Rueda confírmalle á alcaldesa que autorizará unha taxa turística específica para Santiago

02/10/2023

Goretti Sanmartín e Alfonso Rueda mantiveron esta tarde unha xuntanza na sede da Presidencia da Xunta na que a rexedora compostelá lle trasladou ao titular do executivo autonómico "unha serie de temas de colaboración institucional para traballar en sinerxía" entre ambos os entes. Na xuntanza, o titular da Xunta comprometeuse a autorizar a aplicación da taxa turística para Santiago e a avanzar na construción de vivenda pública.

Leer más

XUVENTUDE

O Concello de Santiago leva aos centros educativos un programa sobre saúde mental "para evitar condutas de risco e rachar cos estigmas"

02/10/2023

Informar sobre os trastornos mentais máis frecuentes, evitar os estigmas e prexuízos en torno á saúde mental, e pevir condutas de risco. Son os obxectivos do programa de promoción da saúde mental, que a Concellaría de Xuventude pón en marcha en colaboración coa Asociación Itínera. A concelleira, María Rozas, presentou hoxe a actividade, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro nos IES e CEIPS de Compostela. Fíxoo acompañada por Carlos Martínez Uzal, coordinador de...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma da Praza de Abastos por máis de 450.000 euros

02/10/2023

A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato de obras de reforma da praza de Abastos á empresa INSIDE THE TEAM, S.L por un importe total de 451.278,16 €, IVE engadido. Con esta actuación, o Concello de Santiago pretende poñer en valor este edificio, incrementar a súa funcionalidade, e facelo máis cómodo e accesible a cidadanía e visitantes. Tamén se acordou conceder ás licenzas de obra ao Consorcio de Santiago para a reparación...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Os Premios Ari(t)mar da música e da poesía galego-portuguesas premian a Fillas de Cassandra e Retimbrar e os poemas de Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo

02/10/2023

As artistas actuarán na Gala dos premios, que terá lugar o martes, 10 de outubro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. O premio especial a amizade galego-lusófona recaeu na Associação José Afonso, que leva máis de 30 anos difundindo os valores deste artista, tamén desde a delegación galega.

Leer más
Compartir: