IGUALDADE

O Concello de Santiago e a USC impulsan unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela centrada na economía circular

19/10/2023

Os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro celebrarase a quinta edición da Feira de emprendedoras de Compostela cunha ampla programación dirixida a centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade así como á cidadanía en xeral. Nesta ocasión, o evento céntrase na economía circular co obxectivo de establecer un debate sobre a aqueles modelos económicos sustentables e pensado para as persoas, en liña cos principios da Axenda Urbana 2030.

Leer más

CONVIVENCIA

Mantense o dispositivo municipal para xestionar as incidencias motivadas polas chuvias intensas

19/10/2023

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, deu conta esta mañá en rolda de prensa do dispositivo despregado no día de onte para facer fronte á "situación excepcional" provocada polas intensas precipitacións caídas na cidade. Neste operativo especial, que se manterá activo ao longo do día de hoxe, participaron 50 persoas das empresas concesionarias Viaqua e Urbaser así como efectivos da Policía Local e dos Bombeiros que realizaron máis dunha veintena de intervencións. A alcaldesa e...

Leer más
Compartir: