PROMOCIÓN ECONÓMICA

A gobernanza centra o noveno Econtro Emprendedor do ciclo de difusión da Axenda Urbana 2030 organizado polo Concello

18/10/2023

O martes 17 de outubro celebrouse o noveno Encontro Emprendedor, no ciclo promovido polo Concello de Santiago a través do CERSIA, para a difusión da Axenda Urbana 2030. A Gobernanza foi o eixo principal abordado nesta ocasión, na que se coñeceu a iniciativa empresarial de Coop57 Galiza. O último Encontro Emprendedor do 2023 terá lugar o 21 de novembro, arredor das temáticas de Proximidade e Mobilidade Sostible.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Constance Hurlé presenta Sem grana e sem frescura, a novela resultante da primeira residencia literaria da Zona C

18/10/2023

A ZONA C-Punto de Información Cultural acolleu este mércores 18 de outubro a presentación da novela Sem grana e sem frescura, de Constance Hurlé, a obra resultante do proxecto de creación literaria desenvolvido ao abeiro da primeira convocatoria de intervencións artísticas promovida por Compostela Cultura no ámbito da escrita. Sem grana e sem frescura é un relato a cabalo entre o diario de viaxe e a auto-ficción que naceu dun periplo da escritora dende o sur ao norte de Brasil e que tomou forma de novela durante a...

Leer más

CONVIVENCIA

A Xunta local de Seguridade constata un descenso das infraccións penais cometidas en Santiago e dos casos activos de VioXén no primeiro semestre de 2023

18/10/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión ordinaria da Xunta local de Seguridade, copresidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, á que tamén asistiu o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, e membros da Policía local, nacional e autonómica. No encontro analizáronse os datos de criminalidade do primeiro semestre do ano, entre os que destacan a redución de infraccións penais e o descenso no número de casos activos de VioXen. A este...

Leer más
Compartir: