EDUCACIÓN

Arranca o XXVII Certame de Teatro Intercentros no Teatro Principal

27/04/2023

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polos coordinadores da iniciativa, Sagrario Torreiro e Daniel Baamonde, presentou hoxe en rolda de prensa o XXVII Certame de Teatro Intercentros que levará ao escenario do Teatro Principal entre o 4 e o 11 de maio, 10 espectáculos protagonizados polo alumnado de 8 institutos de educación secundaria, e ao Centro Xove da Almáciga, o 12, 15 e 16 de maio, 8 representacións de 7 centros de primaria.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio fan un chamamento á colaboración das administracións para dar resposta a grandes retos en materia de vivenda, rehabilitación e sustentabilidade urbana

27/04/2023

Hoxe clausuráronse as xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade", promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura. En representación de Santiago, nas xornadas participou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, xunto a un amplo elenco de expertos e representantes das 15 Cidades Patrimonio.

Leer más
Compartir: