MEDIO RURAL

O Concello apoia a creación dun Colexio Rural Agrupado para garantir o futuro das escolas rurais

01/04/2023

A EEI do Gaioso (O Eixo), a EEI Bispo Teodomiro (Marrozos) e a EEI do Rial (Laraño) son "unha oportunidade para fixar poboación no rural" explicou a concelleira de Medio Rural, Begoña Rodríguez, que visitou xunto ao edil de Educación o centro do Gaioso, na parroquia do Eixo, para apoiar a súa campaña de busca de novo alumnado. Rubén Prol recalcou que se trata de "proxectos de educación máis personalizada e enriquecedora onde a relación entre alumnado e profesorado é especial".

Leer más
Compartir: