POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Ábrese a inscrición no programa ELOS, que facilitará o intercambio lingüístico entre persoas que desexen aprender galego e o voluntariado que colabore na iniciativa

23/06/2021

O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou hoxe a primeira edición do programa de intercambio lingüístico "ELOS. Aquilo que une", unha iniciativa para facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que voluntariamente queiran colaborar con elas. O prazo de inscrición ábrese hoxe. Non hai data prevista de peche, xa que se irá atendendo a demanda segundo vaia xurdindo.

Leer más

IGUALDADE

Compostela Diversa quere facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI, con debates, actividades culturais, accións de iluminación e campañas de sensiblización

23/06/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas de Igualdade e de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron hoxe o programa Compostela Diversa, que ten como obxectivo facer de Compostela un referente para as persoas LGTBI, un colectivo que precisa de accións globais e inclusivas que o axuden a avanzar na consecución dos seus dereitos, a visibilidade e a normalización da vida cotiá.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O concelleiro de Centros Socioculturais anima a veciñanza a inscribirse nas actividades do programa "Vive o Verán"

23/06/2021

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, animou hoxe á cidadanía de Compostela a inscribirse nas actividades programadas a través de "Vive o verán". Xa está aberto o prazo para apuntarse nas accións deseñadas para esta nova edición, que ofertan, só nos centros socioculturais urbanos, 2.160 prazas; ás que se suman máis de 200 nos do rural. Son, recordou, 225 actividades, divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativada e adultos.

Leer más
Compartir: