ALCALDÍA
O alcalde móstralle o seu apoio ao persoal do 061
O alcalde recibiu hoxe aos/ás representantes da Xunta de Persoal do 061 na área de Santiago. Martiño Noriega mostroulles o seu apoio aos traballadores e traballadoras, que se atopan en folga indefinida para reclamar unha compensación xusta polo traslado forzoso dos seus postos dende Santiago á Estrada.
OBRAS
Comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa Dublín de Fontiñas
Este luns comezaron as obras de mellora de accesibilidade da rúa Dublín, no barrio de Fontiñas. Trátase dunha actuación derivada do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se van destinar case 60.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a quinta edición do WOS Festival con figuras de culto, estreas en España e os artistas máis destacados dos últimos dous anos
Esta mañá presentouse a quinta edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, festival multidisciplinar que terá lugar entre o 12 e o 16 deste mes en Santiago de Compostela. A rolda de prensa contou con intervencións do patrocinador principal, SON Estrella Galicia, e catro institucións colaboradoras. A mesa estivo composta por Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director de Agadic; Ana Isabel Vázquez, directora xerente da...
IGUALDADE
Recepción aos nenos e nenas participantes na última quenda do Verán CampUSC
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, recibiu os nenos e nenas partipantes na quinta e última quenda do Verán CampUSC. Con ela estiveron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.
DEPORTE
Aberto o segundo prazo para que as entidades deportivas se inscriban na II edición da Festa do Deporte
Dende hoxe e ata o 13 de setembro está aberto o segundo prazo para que as entidades deportivas da cidade se inscriban na vindeira edición da Festa do Deporte, que se celebrará os días 28 e 29 de setembro. Para iso é preciso que cubran o formulario de inscrición, dispoñible en deportes.santiagodecompostela.gal, e o presenten no Rexistro Municipal.
FACENDA
Este mércores 5 de setembro péchase o prazo para o pagamento voluntario do IBI
A Concellaría de Economía e Facenda lembra que o vindeiro mércores, 5 de setembro, é o último día para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.