POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago promove un proxecto colaborativo de innovación social para loitar contra a vulnerabilidade na cidade

10/02/2023

Xunto ao Concello, Cruz Vermella, Cáritas, USC, Fundación Secretariado Xitano, Viaqua e Cetaqua participan achegando e analizando datos para a realización dun estudo de vulnerabilidades socio-económicas da cidade. A concelleira de Politicas Sociais, Mila Castro, presidiu esta mañá un encontro de todas as entidades que participan neste proxecto que leva por nome Big Social Santiago.

Leer más

URBANISMO

Mercedes Rosón: "na regulación das VUT seguimos o rumbo marcado desde o principio"

10/02/2023

O Goberno municipal recorda que a regulación do mantemento das actividades e usos preexistentes estaba recollida dende o inicio na modificación do Plan Xeral, concretamente no artigo 120. Polo tanto, segundo subliña a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, "non pode ser sorpresa ningunha para quen leu a normativa. É o rumbo que este goberno marcou dende o principio".

Leer más
Compartir: