EMPREGO E MEDIO AMBIENTE
O Concello continúa o acondicionamento das Brañas de Sar grazas ao obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil II
Os concelleiros de Desenvolvemento Económico e de Medio Ambiente, Marta Lois e Xan Duro, visitaron esta mañá os traballos que se están a levar a cabo nas Brañas do Sar grazas ao Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil II, que se desenvolve dende o 1 de setembro deste ano ata o 28 de febreiro de 2017. Alí, fixeron un percorrido pola zona na que se está a traballar e saudaron aos/ás participantes no programa. O obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil II está subvencionado polo Fondo Social Europeo (FSE).
MOCIDADE
Comeza o ciclo Cine Espallado coa participación da actriz Nerea Barros
Mañá mércores bota a andar o ciclo Cine Espallado, unha iniciativa do Colectivo Barriopía financiada polo Concello de Santiago a través do programa piloto dos Orzamentos Participativos 2015, na área de Mocidade.
CONSORCIO
Unha exposición reúne na Casa do Cabido fotografías en 3D da cidade e da Catedral do estereógrafo galego Enrique Criado
Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, onde se presentou esta mañá. Ao acto asistiron, ademais do autor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; xunto co coordinador da exposición, Juan Conde, responsable...
TURISMO
Constituído o Consello Municipal de Turismo, que levaba sen reunirse dende o ano 2010
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá a sesión de constitución do Consello Municipal de Turismo, que levaba sen reunirse dende xullo de 2010. Ademais queda constituído coincidindo co Día Internacional do Turismo, que este ano se dedica ao turismo accesible.
TURISMO
Turismo de Santiago de Compostela participou na feira JATA de Tokio
Turismo de Santiago-Incolsa participou na JATA Tourism Expo Japan 2016, a mostra de turismo máis importante do país nipón, que se celebrou entre o 23 e o 25 de setembro en Tokio e está organizada pola Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxes. Esta feira reúne aos principais profesionais do sector turístico xaponés, turoperadores, axentes de viaxes, xornalistas especializados e tamén publico final.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe os responsables da Cátedra Galicia-América
O alcalde de Santiago recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os responsables da Cátedra Galicia-América, da Universidad Nacional de San Martín (Arxentina). No encontro con Martiño Noriega participaron o director da Cátedra, o escritor Manuel Rivas, e os profesores de San Martín Mario Greco e Micaela Cuesta.