CONVIVENCIA
Incidencias de tráfico e do transporte urbano con motivo das mobilizacións do sector lácteo
Seguen as concentracións de tractores en defensa do sector lácteo na cidade, coa novidade de que esta madrugada quedou aberta a SC-20 en dirección saída da cidade (Conxo- Pontevedra). Continúa pechada en dirección norte (Polígono do Tambre). Tamén quedou aberta Ponte do Sar.
ACCIÓN CULTURAL E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Este sábado 12 de setembro celebrarase no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, en Conxo, unha nova entrega do programa Imos ao baile, organizado polos departamentos de Acción Cultural e de Relacións Veciñais.
XUNTA DE GOBERNO
O transporte urbano de Santiago seguirá dando servizo á urbanización dos Tilos (Teo)
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste venres, aprobou o convenio de colaboración entre os concellos de Santiago e Teo e a Xunta de Galicia para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos. Este acordo será asinado este luns nun acto no que participarán os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e de Teo, Rafael Sisto, e a conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O Concello inaugura o curso escolar cun acto pioneiro no Auditorio de Galicia
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participaron esta mañá no Auditorio no acto de inauguración do curso escolar de Infantil e Primaria, unha cerimonia que se celebra por primeira vez e á que se lle quere dar continuidade. Con ela, o Concello de Santiago recoñece o labor do profesorado, ao tempo que despide aos alumnos de 6º de Primaria, que no vindeiro curso continuarán os seus estudos nos institutos da cidade.
ALCALDÍA
Martiño Noriega valora o anuncio da base de Ryanair en Lavacolla e reitera a aposta pola cooperación en materia aeroportuaria
O alcalde de Santiago cualificou de "positivo" o anuncio realizado pola compañía Ryanair de fixar unha das súas bases no aeroporto de Lavacolla a partir da temporada de verán 2016. Para Martiño Noriega, a decisión "consolida o servizo que presta esta compañía no aeroporto de Lavacolla e amplía as expectativas de mellora dese servizo, polo investimento e polo que vai repercutir a nivel de persoal".
ALCALDÍA
O alcalde sinala a municipalización da auga coma un dos grandes retos da lexislatura para Santiago e os concellos do entorno
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, iniciou co alcalde de Ames, José Miñones, unha rolda de contactos cos rexedores dos municipios do entorno de Santiago. O obxectivo é xerar dinámicas de traballo e de colaboración en cuestións como a mobilidade, os servizos de emerxencias ou a municipalización do servizo da auga.