ALCALDÍA
O alcalde sumouse á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros do Goberno local sumáronse á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 celebrada na praza do Obradoiro, cando se cumpren dous anos do accidente.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento para paralizar o derrubo da Casa da Xuventude
O secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, deu conta dos asuntos tratados na sesión ordinaria deste órgano, no que acordou paralizar os procedementos dirixidos ao derrubo da Casa da Xuventude.
CONSORCIO
O Consorcio colaborará coa USC e outras entidades da cidade para poñer en marcha unha exposición sobre Montero Ríos
O Consorcio de Santiago celebrou este venres a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. O Consello de Administración aprobou as contas xerais do Consorcio relativas ao exercicio 2014.
ALCALDÍA
Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo entre as 3.445 solicitudes presentadas
Xa se coñecen os nomes das 25 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos seus acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 50 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia.
FESTAS
Actos institucionais, pasarrúas, exhibición de taekwondo, orquestra e concerto de Sumrrá & Friends no día grande das festas do Apóstolo
O sábado 25 de xullo celebramos o día grande das festas do Apóstolo 2015 e, como tal, a xornada estará centrada pola mañá nos actos institucionais da Ofrenda ao Apóstolo. Pero tamén temos cita coa troula, xa que a partir das 12.30 h haberá pasarrúas coa Charanga de Cabezudos pola cidade histórica. Xa pola tarde, ás 18:00 h, haberá unha exhibición de taekwondo con campións do mundo deste deporte na praza do Obradoiro e, ás 22:00 h, concerto de Sumrrá & Friends na praza da...
FESTAS
Un espectáculo envolvente conmemorou os 30 anos de Santiago de Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade
As proxeccións repartidas nesta ocasión entre a Catedral e o Pazo de Raxoi, combinadas coa música e a pirotecnia crearon un espectáculo dos Fogos do Apóstolo que destacou polo seu carácter envolvente. O fío condutor foi a celebración dos 30 anos da declaración de Santiago de Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade.