FESTAS

As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co enxalzamento do traxe galego

23/07/2015

O domingo 26 de xullo e dentro da programación das festas do Apóstolo, celébrase a XXXVI edición do Certame do Traxe Galego. Esta tradicional cita foi presentada en rolda polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco.

Leer más

ALCALDÍA

Clausurado o Compostela Summer Program

23/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asistiron en San Martiño Pinario á clausura do curso Compostela Summer Program, que se celebrou do 1 ao 23 de xullo. Participaron 22 estudantes de China, Vietnam, México, Paraguai, Estados Unidos e Israel.

Leer más

ALCALDÍA

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de creación literaria "Literatela"

23/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o obradoiro de creación literaria Literatela (Literatura de Compostela). Na rolda tamén estiveron o escritor Suso de Toro, que imparte o curso, e a secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas, entidade que organiza a actividade xunto co Concello.

Leer más

FESTAS

Música, xigantes e cabezudos e o espectáculo dos Fogos, na xornada do 24 do Apóstolo

23/07/2015

A xornada do 24 de xullo ten como prato forte un dos eventos máis esperados das festas: o espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo. Será na praza do Obradoiro a partir das 23:30 h, deseñados este ano por Acciona Producciones e Diseño-Pirotecnia Ricasa. Pero hai outras moitas citas na xornada, que comeza ás 12:00 h co Encontro de Xigantes e Cabezudos na praza da Quintana e xa ás 12:30 h na do Toural. A partir das 22:00 h teremos concerto de Linda Martini na praza da Quintana, onde tamén estarán, pero xa ás 24:00 h...

Leer más
Compartir: