FESTAS

A vangarda e a tradición irán da man nunha nova entrega do TradFest

22/07/2020

Este domingo, 26 de xullo, as festas do Apóstolo acolle unha nova edición do TradFest, o festival organizado por La Voz de Galicia, no que a tradición e a vangarda se xuntan para ofrecer unha proposta musical diversa e de calidade en varios espazos da cidade. Serán ata 20 propostas diferentes, entre as que destaca o concerto na Quintana de Tanxugueiras e Ailá ou a actuación conxunta da Banda Municipal e de Suso Vaamonde.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Compostela acolle do 10 ao 18 de setembro a primeira edición do festival de artes performativas "Plataforma"

22/07/2020

Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polos seus directores: Mónica Maneiro, David Barro e Iñaki Martínez Antelo.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta acondicionarán e manterán como zona verde unha parcela de Xoán XXIII destinada á construción de vivenda protexida

22/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, asinaron este mércores o protocolo de actuación para o acondicionamento e mantemento dunha parcela na avenida de Xoán XXIII. Deste xeito, mellorarase a imaxe deste emprazamento, situado nunha vía principal de acceso ao casco histórico, mentres non se acometa a construción residencial prevista nel.

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido reabre as súas portas este xoves despois de catro meses pechada pola crise sanitaria

22/07/2020

A Casa do Cabido reabre as súas portas mañá xoves, 23 de xullo, logo de permanecer pechada durante catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Implantáronse unha serie de medidas para garantir a seguridade dos asistentes. Pode visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co Día do Traxe

21/07/2020

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, acompañado pola presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e pola secretaria da entidade, Carmen Guitián, presentou unha nova edición do Día do Traxe Galego, unha desas citas que xa vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo. De feito, esta é xa a edición número 41 deste Día do Traxe e celebrarase durante a mañá do vindeiro xoves 23 de xullo.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico dá o visto bo á actuación na costa do Cristo para mellorar a accesibilidade a Raxoi

21/07/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente sobre o proxecto de mellora da accesibilidade ao Pazo de Raxoi na costa do Cristo. A intervención consiste no acondicionamento do acceso ás dependencias de Tráfico e da Secretaría Municipal, que neste momento se realiza a través dunha plataforma e unhas escaleiras metálicas nada respectuosas coa imaxe da cidade histórica.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde expresa a súa satisfacción pola presenza dos Reis en Compostela os días 24 e 25 de xullo

20/07/2020

Unha vez confirmada oficialmente a presenza dos Reis en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xullo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrouse "moi contento" pola noticia. Neste sentido, lembrou que a petición "saíu da Alcaldía hai case dous meses, e a resposta chegounos hai máis dun mes, pero mantivemos a reserva nos termos que nos foi pedida".

Leer más

FESTAS

A Banda da Loba, proposta musical para este martes nas festas do Apóstolo

20/07/2020

A xornada do martes nas festas do Apóstolo tráenos dúas novas propostas: a obra familiar "O sal do mar e outros compañeiros mariñeiros", de Teatro do Andamio (ás 19:00 h no parque de Galeras), e o concerto de A Banda da Loba (ás 22:00 h na praza da Quintana). Os dous espectáculos teñen xa as entradas esgotadas.

Leer más
Compartir: