CAPITAL CULTURAL

‘Adictos’, con Lola Herrera, enche o patio de butacas do Auditorio de Galicia

07/05/2024

Pentación Espectáculos produce esta montaxe arredor da dependencia tecnolóxica con texto de Daniel Dicenta e Juanma Gómez, dirixida por Magüi Mira e cun elenco que completan Ana Labordeta e Lola Baldrich. A función, para a que xa se esgotaron todas as localidades dispoñibles, terá lugar este xoves día 9 de maio, ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

Leer más

XUVENTUDE

Publicado o novo regulamento do Consello Municipal de Mocidade "para recuperar un órgano inactivo desde hai máis dunha década"

07/05/2024

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vén de publicar o novo regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Mocidade, que actualiza a normativa vixente do ano 2001. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é "adaptar este órgano non só ás novidades lexislativas senón tamén á realidade social actual, máis heteroxénea e na que existen novas canles de participación que non tiñamos hai 20 anos". Nese sentido,...

Leer más

XUVENTUDE

A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do campamento de verán de surf en Oleiros

07/05/2024

Os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos volverán ter a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 20 de maio ao 3 de xuño, tal e como onte aprobou a Xunta de Goberno.

Leer más

ALCALDÍA

Reunión coa veciñanza da Lavacolla sobre o Plan especial e investimentos no rural

07/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, e da concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, chegaron a un acordo coa veciñanza para introducir melloras no Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño francés PE-3, na zona da Lavacolla, durante unha xuntanza convocada no Pazo de Raxoi.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello súmase ás reinvidicacións a prol da lingua galega con motivo do 17 de maio

07/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo esta mañá un encontro cos representantes da plataforma Queremos Galego para tratar os temas que serán obxecto de reivindicación na manifestación do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas que partirá da Alameda de Santiago e rematará na praza da Quintana. O Pazo de Raxoi tamén acollerá una acto o 16 de maio no que se fará lectura da Declaración Institucional apoiada por todos os grupos municipais para reivindicar e impulsar o uso do galego tanto na...

Leer más

EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de verán 2024

06/05/2024

A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 6 de maio aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa municipal de conciliación de verán 2024

06/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos. A concelleira de Educación, Míriam Louzao, deu conta dos detalles en rolda de prensa.

Leer más
Compartir: