TURISMO
O Concello incluirá as axencias de viaxes na nova convocatoria de axudas aos sectores máis prexudicados pola pandemia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantivo un encontro esta mañá cos representantes da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) co obxecto de escoitar as demandas do sector, que se está vendo especialmente prexudicado polas medidas restritivas da mobilidade adoptadas para frear a pandemia.
CULTURA E FESTAS
Ata o 16 de febreiro está aberto o prazo para presentarse ao concurso fotográfico "O disfrace invisible"
O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación do concurso fotográfico "O disfrace invisible", na que participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o responsable de Festas, Gonzalo Muíños; e o mago Kiko Pastur. Consiste en disfrazarse para camuflarse ou "desaparecer" da imaxe, en lugares recoñecibles de Compostela. O prazo para a presentación das imaxes ábrese hoxe e péchase o 16 de febreiro.
EMPREGO
O Concello organiza "As ciencias escríbense en feminino", unha xornada divulgativa para o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia
O vindeiro xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas. Con motivo desta celebración, terá lugar un evento por streaming destinado aos centros educativos, cun formato ameno e divertido orientado a alentar as mulleres novas nos campos profesionais das STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).
EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais sumáronse á celebración do Día da Paz
O pasado venres 29 de xaneiro a rede de escolas infantís municipais do Concello de Santiago celebrou o Día da Paz, dunha forma distinta a outros anos, xa que as familias non puideron asistir á mesma polas limitación establacedidas por mor da pandemia. Por ese motivo dende as escolas se fixo un recompilatorio cos momentos máis especiais e se lles deu traslado ás familias por correo electrónico.
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a séptima fase do despregamento de fibra óptica na zona monumental
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a séptima fase do "Proxecto de infraestutura de telecomunicacións para o despregamento de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela. Fase 7", que conta cun orzamento de execución material de 25.259,35 euros.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio realizará unha campaña de promoción turística na primavera
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade empezou a traballar nunha potente campaña de publicidade que se porá en marcha no momento en que o permita a pandemia, segundo explicou o presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, tras a reunión da Comisión de Turismo celebrada hoxe de forma telemática: "Imos desenvolver campañas de promoción turística a partir dos meses de maio e xuño e imos dedicar todos os nosos esforzos a tentar que, unha...