EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese este venres o prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
Do 1 ao 20 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos) estará aberto o prazo para a solicitude de reserva de praza e matrícula nos servizos de comedor e/ou de madrugadores para o curso 2018-2019 en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só no servizo de madrugadores.
CENTROS CÍVICOS E MOCIDADE
O programa Vive o Verán e o Campamento de Vela, propostas do Concello para favorecer a conciliación no mes de xullo
O Concello de Santiago volve facer un gran esforzo para facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, con iniciativas impulsadas dende diferentes concellarías. As responsables de Centros Cívicos e Mocidade, Concha Fernández e Noa Morales, presentaron hoxe algunhas das propostas organizadas polos seus departamentos e dirixidas a usuarios e usuarias de diferentes idades, entre as que destaca o programa Vive o Verán e o Campamento de Verán de Vela e Actividades Náuticas.
CENTROS CÍVICOS
Volta e Dálle representa "Dura Lex" en Santa Marta
O venres 1 de xuño, ás 19:00 horas, a compañía Volta de Dalle representará a obra Dura Lex no Centro Cívico de Santa Marta. O espectáculo propón unha crítica ao sistema xudicial vixente en clave de humor.
ACCIÓN CULTURAL
As actividades paralelas da SELIC comezan este xoves con paseos literarios por Compostela e proxeccións no Teatro Principal
A segunda edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC) bota a andar con propostas literarias que se adiantan á inauguración oficial da feira o vindeiro venres e que conforman a PRE-SELIC. Así, na tarde do xoves 31, o escritor e xornalista Diego Ameixeiras conducirá o itinerario Compostela Negra, un paseo polos misterios desta cidade que lle serviu de escenario en novelas como Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010) ou Conduce rápido (Xerais, 2014).
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa no pleno de constitución da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021
O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá no pleno de constitución da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, celebrada na Cidade da Cultura e presidida por Alberto Núñez Feijóo. Na xuntanza fixouse o prazo de finais do verán para aprobar as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021.
ALCALDÍA
O Goberno volverá render contas diante da cidadanía na segunda quenda dos "Encontros ao vivo"
O Goberno local vai retomar no mes de xuño os Encontros ao vivo, os actos deseñados para que o alcalde e os concelleiros e concelleiras rendan contas en contacto directo coa veciñanza. Ao longo dos próximos meses celebraranse nove xuntanzas polos distintos barrios da cidade. Para as parroquias, desta vez deseñouse un formato propio, o Rural ao vivo.