XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará 3 millóns de euros ao paquete de medidas para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria
A Xunta de Goberno Local abordou na súa sesión ordinaria deste luns un borrador das medidas que porá en marcha o Concello para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria do COVID-19. Este mesmo mes de abril activaranse as primeiras accións deste paquete de medidas, destinadas a comerciantes, autónomos e pequenas empresas. O orzamento total para estes programas será duns tres millóns de euros.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza o vídeo "Ultreia" para animar a quedar na casa durante a crise sanitaria
Turismo de Santiago acaba de lanzar un vídeo na súa páxina web e nas súas redes sociais co que pretende animar os/as cidadáns/ás a quedarse na casa durante o período de restrición de movementos motivado pola situación sanitaria do Covid-19.
SERVIZOS
O Concello recomenda non facer uso das fontes públicas como prevención fronte ao COVID-19
O Concello de Santiago vai colocar carteis informativos nas fontes públicas recomendando que non se usen estas para beber en prevención do COVID-19 mentres dure a crise sanitaria.