MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A redución do tráfico na cidade alcanzou case o 80% este pasado luns
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, vén de "valorar e agradecer" o comportamento que está tendo a cidadanía no cumprimento das medidas de confinamento do estado de alarma. Unha cifra que constata este cumprimento é a redución do tráfico, que este luns 31 alcanzou un 78%.
MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS
A web da Tropa Verde ofrece xogos e obradoiros relacionados coa reciclaxe e co medio ambiente
O Concello de Santiago, a través do proxecto Tropa Verde, desenvolvido polas concellarías de Medio Ambiente e de Centros Socioculturais, ofrece distintas actividades didácticas e de ocio relacionadas coa reciclaxe e co medio ambiente. Dende xogos para aprender a separar residuos ou facer compostaxe ata obradoiros para construír unha depuradora, un forno solar ou fabricar papel reciclado. Estas actividades, que se poden atopar na web da Tropa Verde, súmanse ás ofertadas.../em>
CONSORCIO
Interrompidas as obras do Consorcio para instalar un ascensor na sede do Conservatorio Histórico, do Ateneo e da Sociedade Económica de Amigos do País
O Consorcio de Santiago estaba a realizar a obra de instalación dun ascensor no edificio situado na praza de Salvador Parga nº 4, na cidade histórica, que na actualidade é sede do Conservatorio Histórico, do Ateneo de Santiago e da Real Sociedade Económica de Amigos do País. As obras tiveron que deterse esta semana, con motivo do novo decreto que obriga a paralizar todas as actividades non esenciais. A empresa encargada desta actuación, cuxo importe alcanza os 83.162,24 €, é a empresa local Obras Gallaecia, S.L.