ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta pola creación dun consorcio para xestionar e coordinar o transporte metropolitano
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este xoves co co alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Na xuntanza abordaron cuestións como a da circunvalación de Sigueiro, a Vía Verde ou o transporte metropolitano.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición colectiva "Des_facendo o xénero (a través da arte)"
A Casa do Cabido acolle a exposición Des_facendo o xénero (a través da arte). É unha mostra colectiva e interdisciplinar, artellada sobre a idea das identidades de xénero como construción social e sobre os mecanismos que pode aportar a creación artística para romper con elas.
CONSORCIO
O Consorcio licita o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 187.095 euros
O Consorcio de Santiago acaba de licitar o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para os vindeiros doces meses por un importe global de 187.095 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 9 de marzo para presentar as súas propostas.
SEGURIDADE CIDADÁ
O concelleiro de Seguridade Cidadá visita a Agrupación de Santiago de Voluntarios de Protección Civil
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuniuse este xoves, na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva; e co subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandes. O obxectivo do encontro é lograr unha mellor optimización dos recursos humanos e materiais con vistas ao Ano Santo.