XUNTA DE GOBERNO

O Concello iniciará un novo procedemento de contratación do servizo da Escola Municipal de Música

09/12/2019

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o desestimento do contrato do servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela". Segundo indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, continuarase co trámite xudicial de solicitude de lesividade do anterior prego de condicións iniciado polo anterior Goberno municipal e abrirase un novo procedemento de contratación.

Leer más
Compartir: