IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns na localidade de El Prat de Llobregat (Barcelona).
FESTAS
Divernadal, proposta de lecer familiar para os días 6, 7 e 8 de decembro
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou Divernadal, un espazo de lecer organizado polo Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia que estará abertos os días 6, 7 e 8 de decembro. Xunto a el estivo Francisco González, responsable da empresa RGM Eventos, coordinadora da actividade.
ALCALDÍA
Paraugas de cores para reivindicar a diversidade e a inclusión con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Compostela sumouse este 3 de decembro á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Foi a través dun acto celebrado na praza do Obradoiro, baixo o lema "Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade", no que se leu un manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas con discapacidade.
ALCALDÍA
O ex-alcalde José Germán Fernández conta xa co seu retrato no Pazo de Raxoi
A Alcaldía de Santiago exhibe dende hoxe un novo retrato, o do ex-alcalde José Germán Fernández. O acto de recepción do cadro, presidido polo rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, celebrouse no día no que se cumpren 83 anos do fusilamento do ex-alcalde en Boisaca (3 de decembro de 1936). O retrato é obra de Manuel Quintana Martelo, a partir dun debuxo de Camilo Díaz Baliño.
ECONOMÍA
Marta Abal explicou ao alumando de Economía do Xelmírez I o proceso de elaboración e aprobación dos orzamentos municipais
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, recibiu hoxe o alumnado do Xelmírez I que cursa a materia de Economía. No salón de plenos explicoulle o proceso de elaboración e aprobación dos orzamentos municipais e respondeu ás dúbidas dos e das estudantes. Durante a exposición sinalou que "unha actuación dun goberno non só pode ser prestar servizos. Tamén ten que realizar investimentos con independencia de que aí sempre necesites a colaboración doutras administracións".
ACCIÓN CULTURAL
O Concello celebra cos profesionais da cultura compostelá unha xornada de análise e reflexión sobre a situación do sector
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participará este mércores na xornada "A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva", que se celebrará no Centro Sociocultural de Santa Marta a partir das 16:00 horas e que contará coa asistencia e participación dos axentes culturais que desenvolven a súa actividade no ámbito municipal.